O BNG vén de
participar na constitución da Plataforma
Galega en Defensa do Ensino Público,
integrada por distintas entidades
representativas da comunidade
educativa galega, para responder ás
medidas que o Partido Popular está a
impulsar contra este servizo público
esencial.
Neste enlace http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com/
podes acceder a toda a información
sobre a Plataforma. En particular
pódense facer adhesións individuais e
colectivas á mesma, así como coñecer o
manifesto coas principais demandas.
O martes 8 de maio a Plataforma convoca mobilización en distintos puntos de Galiza:
- Santiago de Compostela: Praza do Toural, ás 19:30 horas.
- Ferrol: Diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, ás 19:30 horas.
- Ourense: Xefatura Territorial de Educación, Rúa Concello 11, ás 19:30 horas.
- Vigo: Rúa Príncipe, diante do MARCO, ás 19:30 horas.
- A Coruña: Praza de Pontevedra, ás 19:30 horas.
- Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 19:30 horas.
- Lugo: Edificio Administrativo da Xunta de Galiza (Ronda da Muralla), ás 19:30 horas.
- A Guarda: Praza do Reloxo, diante da Casa do Concello, ás 19:30 horas.
- Verín: Praza do Concello, ás 19:30 horas.
- Vilagarcía de Arousa: Praza de Galiza, ás 19:30 horas.
- Foz: Praza de Galiza, ás 19:30 horas.
- Ribeira: diante do Concello, ás 20 horas.
Asiste!
actuemos!é tempo de respostas
